Retos

Reto nº 7

Neste vídeo tedes un novo reto. É un xogo rítmico para facer en parella, podédelo facer con un irmán, nai, pai... O material necesario son utensilios de madeira que se usan na cociña. Ánimo!!!


Reto nº 6

Este reto é semellante ao da semana pasada. Necesitades un vaso. Mirade os pasos a seguir e.... moito ánimo! Cando o consigades, envíademe un vídeo para subir ao blog.


Reto nº 5

Para o seguinte reto só necesitades un vaso de plástico (igual que para a canción de Si me voy). Neste vídeo tedes os pasos a seguir. Lembrade sempre de que é mellor comezar despacio. Moito ánimo e se o conseguides, xa sabedes.... envíademe un vídeo ao meu whatsapp ou ao meu correo.


Reto nº 4

Para este reto necesitades un vaso de plástico, gañas de pasalo ben, perseverancia e paciencia... Aquí tedes o tutorial para aprender como se fai o acompañamento da canción "Si me voy" e tamén a canción enteira para que a acompañedes.


Reto nº 3

Para este reto necesitaredes un vaso de plástico duro, gañas de disfrutar e perseverancia. Este reto consiste en acompañar unha canción moi coñecida para Samaín (ou tamén para Halloween).

Espero que vos guste moito. Moito ánimo!!!

Tutorial

Canción completa


Reto nº 2

Neste vídeo tes un tutorial dun xogo rítmico. Para realizalo solo necesitas un bolígrafo. Mira o vídeo con atención xa que che explica como tes que acompañar a canción. Ten dous temas: Tema A e Tema B. Practícaos por separado e despois xa podes acompañar a canción enteira. Cando o teñas, graba un vídeo acompañando a canción (se tes erros non pasa nada).

A estructura da canción é a seguinte: INTRO A B A B A FINAL.

A música para acompañar tédela no segundo vídeo.


Profe Santi


Reto nº 1.

Aquí tedes dous xogos rítmicos para facer co voso corpo.  Aqueles que o consigades podedes gravalo e enviarmo para subir a este blog.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar